Arquivo para Setembro, 2008

Enviado por Folque o 15 de Set

[dobre convocatoria]
VENRES 12 SETEMBRO. 19.30h
Sala da FNAC (A CORUÑA)

MARTES 16 SETEMBRO. 11.45h
Cafetaría do MARCO (VIGO)

Non foi unha banda, nin o é, nin o será. Pero detrás de Ecléctica Ensemble hai un grupo de músicos dispostos á irreverencia, ao atrevemento, á provocación, á supremacia estética, á maquillaxe, á sátira… a encher a música tradicional de ironía e a darlle voltas até fartar.

O venres 12 e o martes 16 de setembro, na sala da Fnac d’A Coruña e na cafetaría do MARCO de Vigo respectivamente, preséntase ECLÉCTICA ENSEMBLE, seis temas gravados nos estudios COH3 e masterizados en Londres no que atopamos colaboracións de músicos coma Madamme Cell, Óscar Fernández Sanjurjo, Philippe Copin, Pedro Pascual ou Fernando Abreu, entre outros.

Ler mais…